lunes, 30 de junio de 2008

Informatizouse e galeguizouse o rexistro civil da cidade de Ourense

Hoy he leído esto en Xornal de Galicia

 Renováronse os servidores informáticos e implantouse a aplicación Minerva nos xulgados do Carballiño, O Barco de Valdeorras, Verín, Bande, A Pobra de Trives, Celanova, Xinzo de Limia e Ribadavia
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a levar a cabo diversas accións destinadas á modernización e informatización das unidades xudiciais ourensás. A Xunta achegará máis de 300.000 euros para as actuacións de implantación de novas aplicacións informáticas e a renovación das xa existentes. Neste sentido, na capital xa se teñen levado a cabo a informatización da Subdirección territorial do Instituto de Medicina Legal (IMELGA) -coa aplicación informática Asklepios-, a da Fiscalía –coa aplicación Fortuny- e a implantación da aplicación Minerva nos xulgados do contencioso-administrativo e do social - en substitución da aplicación Libra-, así como nos de menores e nas seccións de menores de Fiscalía.

Así mesmo, informatizouse e galeguizouse o rexistro civil da cidade coa aplicación INFOREG 4, en colaboración co Ministerio de Xustiza. Neste eido, a Dirección Xeral de Xustiza foi a responsable da instalación do equipamento subministrado polo Ministerio –ordenadores persoais e impresoras matriciais-, da conexión á rede corporativa da Xunta de Galicia, do subministro de equipos multifunción e da xestión organizativa para a súa posta en marcha.

A Consellería tamén dotou de sistemas de gravación audiovisual a catro salas de vistas da Audiencia Provincial e dos xulgados de Menores e do Social, para o que achegou un total de 32.000 euros. Do mesmo xeito, tamén se dotou de sistema de videoconferencia IP a todos os postos que integran na sede xudicial da capital os colectivos de fiscais, médicos forenses e membros dos equipos psicosociais do IMELGA, o equipo técnico da xurisdicción de menores e o equipo lingüístico de xustiza.

Nesta liña, dotouse de ordenadores portátiles a todos os maxistrados, fiscais e médicos forenses de Ourense, renováronse todas as impresoras de despacho dos maxistrados, secretarios, fiscais e médicos forenses e instaláronse pantallas de TFT en todos os postos de traballo con ordenadores de sobremesa, así como teclados de última xeración con lector de tarxeta criptográfica incorporado. Por último, renovouse o Centro de Proceso de Datos con novos servidores informáticos e a súa liña de comunicación co centro de xestión de rede, aumentando a velocidade de conexión a 100 Mb.

Futuras accións
Na actualidade estanse a dixitalizar os libros do Rexistro Civil ata o ano 1950, labor que leva a cabo RED.ES en virtude do convenio do programa Rexistro Civil en Liña, no que a Xunta participa xunto con eles e co Ministerio de Xustiza. O 89,63 % do traballo de dixitalización (405 tomos) xa está realizado, e a Dirección Xeral de Xustiza é quen asume a formación dos funcionarios para a utilización da funcionalidades relativas ás inscricións dixitalizadas.

Nas próximas semanas instalarase un segundo sistema de videoconferencia RDSI no Pazo de Xustiza, ao que se dotará tamén da terceira fase de arquivos móbiles, primeira no edificio anexo. Ademais, nos vindeiros meses está prevista a informatización dos xulgados de primeira instancia, instrucción e penal coa aplicación Minerva; a implantación do sistema de notificacións telemáticas LEXNET; a dotación de sinatura electrónica aos secretarios xudiciais e funcionarios; a implantación dun sistema central de xestión audiovisual de todas as salas do Pazo de Xustiza e do edificio anexo -con subministradores automáticos de copias das gravacións das vistas para avogados e procuradores, pantallas de información ao cidadán e sistemas de megafonía para a xestión das salas de audiencia-; e a dotación de mobiliario, equipamento e tecnoloxías de información e comunicación ao xulgado de primeira instancia de nova creación.

Provincia
No ámbito provincial, nos últimos meses se teñen renovado os servidores informáticos e implantada a aplicación procesal Minerva nos xulgados do Carballiño, O Barco de Valdeorras, Verín, Bande, A Pobra de Trives, Celanova, Xinzo de Limia e Ribadavia, localidades nas que tamén se teñen informatizado e galeguizado –coa aplicación INFOREG 4- os rexistros civís. A isto hai que sumar a dotación de mobiliario do novo edificio xudicial de Bande.

A Xunta ten implantado o sistema de videoconferencia IP nos despachos de todos os xuíces de primeira instancia e instrucción dos oito partidos xudiciais das vilas ourensás, e ten realizado o cableado e a instalación de routers de conexión coa rede corporativa da Xunta para a informatización, no marco do programa Rexistro Civil en liña, dos xulgados de paz de Arnoia, Beade, Castrelo de Miño, Gomesende, A Gudiña, Leiro, Lobios, A Mezquita, Pontedeva, San Amaro, A Veiga, Viana do Volo e Vilar de Santos. Nas próximas semanas realizarase a subministración e instalación de ordenadores persoais e equipos multifunción -impresoras, fotocopiadoras, escáner e fax- para a informatización, destes xulgados de paz.

Nos vindeiros meses está previsto que se realice o cableado, a conexión á rede corporativa e o subministro de equipos multifunción e ordenadores do resto dos xulgados de paz da provincia, así como a formación de usuarios nos xulgados de paz da provincia da aplicación INFOREG 4, entrega de contas e informatización dos rexistros civís delegados (xulgados de paz).

Un artículo de José Antonio Sierra

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por estar ahí.

1909 1912 A cerca de...... A Coruña A estrada A grito limpio A Lama A Rúa A Veiga Abandonado Abril Aburrimiento Accesorios Accidentes Aceveda Acevedo acontecimientos blog Acrobacias Actualidad Acuña ADN Aeropuertos afilador Agenda Agradecimientos aguas Aguilar de Campoo Albergueria Alcántara Alcántara. Alertas Alfonso Alfonso X Allariz Alto de Cobelo Álvarez de Toledo Amaneceres Amenaza Amigos Amio Cajander Ancares Ancestros Anécdotas Animación Animales Anjanuca. Antas de Ulloa antiguedad. antípodas Anuncios Apellidos Aprendiendo Apuntes varios Aquinaga Aragón Arboles Archivos Arcos Ares Armada Armas Arqueología Arquitectura Arte Artistadas As Ermidas As Ermitas Asesinos Asociación Galega de Xenealoxía Asociaciones Asperger Atapuerca Atardeceres Austrias Autismo Autocaravanas Aventuras Averías Avila Aviones ayuda Ayuno Baiona. Baloncesto Barcenaciones Barricada Basilio Doré Berga Berlanga de Duero. Betanzos Bicicletas Bierzo Billar bisabuelos Blasones blogosfera. Blogroll Blogs Bodas Boiro Borbones Botellón Breves Burgps cabreos Cáceres Cagadas. Calendario Cámaras Cambados Cambios Camino. Campañas Campeones Can Vivot Cantabria Cantigas Sta. Mª Capillas Carracedo Cartografía Casa de Alba Casa solar Casas Solariegas Castillo de Cornatel. Castillo de Pambre Castillos Castro Castrocaldelas Castromarigo Casualidades Catástrofes Catedrales Cazadores de blasones. Celanova Celavente Celebraciones. Cementerios Cerdos Ceremonias Cernego Cesar José Quiroga Chapapote Chimenea Chorradas Chorradas. Ciencia Ciencia Ficción Cigarrosa cine Circo Ciudades Clásicos Coches Cocina Codi Colaboraciones Comentaristas Comic Comunicados Concursos Confesiones Convivencia. Córgomo Correos Cortos Coruña cosas mías. Cosmos Costumbres Cremita crisis Cristo da Ascensión Cuadrilla Cuarentones Cuaresma Cubo de Rubik Cuentos Cuevas Cultivo cultura Curiosidades Danza Dchso. Humanos De lo visto hoy Decoración Dedicatorias Deep Purple Definición Delitos Denuncias Deportes Descendientes Deseos Desfiles despedidas Destaca Diego Diéguez Difícil de .... Dilemas. Dios mío Diseño Dispensas documentales Drácula Drogas Drum Duet drums Dudas razonables Eclipse Edreira educación Efemerides Egipto El caso de los 420 euros. Elecciones Emigración Encuentros. encuestas Energias Enfermedades Enigmas. ENLACES Ensaladas. entrevistas entroido Ermitaños Errores escayola Escribe tu historia. Eslava Espacio España va mal. Espectáculo espuma Estaciones Estadísticas Estados de ánimo. Estados Unidos Estirpes Eu Galego Eventos Exilio Experimentos Explorer exposiciones Extraterrestres fabulas Facebook familia Fantasmas Fauna Favoritos Felicitaciones. Festivales fiestas Figueroa Filosofía Flora Folk Fonseca Fontei Fontey Formula 1 Foros fosforos Fotografía Fotomaf Fracasos Frases célebres Frikis Frio Fuego fuentes Futbol Futuro Gaioso Galicia Galloso Gayoso Gaza Gemelogía personal. Genealogía Génesis Genética Genogramas Gentes y mentes globalización Glosario Google Gran Hermano Gripe porcina Grupos Guerra Guipúzcoa Guzmán Haley Hemeroteca heráldica Heráldica de Villafranca del Bierzo Herramientas Hidalguía Hielo Hispagen Historia historias Hombres Hondarribia Hormiguero Hospitalarios Huelga huerto Humanos Humor Ibañez Iglesia Iglesia de San Estebo Iglesias Ilusiones Ilustraciones Incendios Infamias Iniciativas Instituto de Estudios Bercianos Internet Inventos Investigación Japón Japos Jardines Jesucristo Josete Jovita Juan Luis Osorio Montenegro Juegos Jugando. Justicia Kite Buggy L.B.E La Palma La Renga Lamalonga Lamela Lápidas Larouco Lasso de Mendoza Leiro León Leyendas Libros Liérganes linajes listas Locutores Logio Los Cinco Los del gas Losada Luar na Lubre Lugares Lugo Madrid Magia Mala leche Mala Rodriguez Maldiciones Mallorca Malos ratos Mamporros Manda carallo Mantras Manu Chao Manualidades Mar Maralogio Mariano Marketing Mas vistas. Mascota Mascotas Matemáticas Medicina Nuclear Medievalismo Meditación Meigas fora. Mejor blog melancolía memes Memoria Mendoza Meninas Mentiras Mercedes Mesopotamia Metallica Metrosexual Mi entorno mi entorno. Miedos Mike Oldfield Milagros mimos Mis espacios Mis fotos Mis fricadas. Mis sitios. Mitos Mona Lisa Monasterios Mondragón Mones Monforte Monforte de Lemos Monstruos Montefurado Monterrey Monumentos Mormentelos Moscoso Mostacho Mosteiros Motor Motorhead Motos Mozilla Museos Musica Música Naturaleza Naufragios Navarra Navidad Neandertales Niñas Noche Nociones. Noguerol Noia Nostalgia Noticias Números O Barco O Bolo O Castro O Real O Sabiñao Obama Objetos octubre Oficina Oh Olite. Ollo Online Opaitos Opinando Opinando ando. Opinando ando. Actualidad Opinión Oporto Orden de San Juan Orden del temple Origen de los apellidos Orozco Ortigueira Oseira Osorio Otazu Ourense Outeiro de Rei Paco de Lucía. Padres e hijos. Paisajes Paises Palas de Rei Paleografia Pallozas Palma de Mallorca Palmeira Palomar Pambre Pamplona Pandereteiras Pangea Panoramio Para pensar Parecidos parentescos partidas de bautismo Pasado Paseos Pastor alemán Patiño patrimonio Pazos Pdf Penouta Peña Trevinca Peñalosa Periquitos. Perro Personajes Personal Petín Phil Collins Photoshop Piano Pink Floyd Pintura Piratas Pisos Pizarrapilar Plantas Pleitos Poetas Polución Ponce de León Ponferrada Pornografía Portadas Portomarín. Portomourisco Post de las visitas Prada PradaWeb Preguntas. Prehistoria Premios Premios. Prensa Primavera Primeros pasos Primos Problemas Prodigios Proezas Profecías Profesionales. Promesa Promos Propuestas Propuestas. Protesta Proyectos Pruebas Publicaciones Publicidad Puentes Punto G Que se yo Quedada Quedadas Quiroga radio Rainbow Rallye Raxo Recuerdos recursos Reflexionando Regalos regatas Registro Civil Relatos Religion Renograma Repasos mensuales Repasos semanales Resaca Resúmenes retos Retranca Reyes Ribadelago Ribadulla Ribeira Sacra Richard Wright rincones Rio Sil Rio Xares Rivadeneira Roblido Roma Romerías Rubiá Ruedas Rufadas Ruido Rumores Rutas Sabina Salgado Samos Sampaios San Miguel de las dueñas. San Paio San Xoan de Rio San Xusto Sanabria Santa Comba Santa Compaña Santa Cristina Santa Marta de Tera Santa Tegra Santiago Santiago de Compostela Santillana del Mar Sarinha Sarmiento Satanás Savants Seadur Seat Señorío de Valdecorneja Sepulcros Serra da Lastra Sexo Sin mucho que hacer. Skyrunner Sober Software Softwaret Solidaridad Solidarios Solis Somoza Somozas Son de meiga sonidos Soria sorteos sotware Soy padre. Suarez Sueños Suposiciones Taboada Tatuajes Técnicas Tecnología Tecnologías Templos Terapias Terras de Trives Testamentos Tetas The Chieftains The Who Tierra Tifón Toén Tokio tomar Tómbola Tonterías Top Secret Tormenta Torrenovaes tradiciones Trafico Tráfico Tragedias Trailers Trasteando Trianza del Bierzo Trives Trucos Túneles Tus apellidos Tutoriales Ulloa Universo Utilidades Valdeorras Van Halen Van Morrison. Varios Vega de Espinareda Veiga de Cascallá Velasco Velázquez Verín Veteranos Via Crucis Viagra Viajes Viana do Bolo Víctimas video Videos nuestros Viedma Vieiros Vigilia Vilanova Vilar de Donas Vilavoa Villafranca del Bierzo. Villamarín Villamartín Villar de Donas Villaviciosa VIP Virxe dos Navallos Vista atrás Volviendo la vista atrás Webs windows Wolframio Xares Xynthia Yankis Yañez YouTube Yuyu Zamora Zaragoza Zarzuela. Zas Zigurats Zombies Zúñiga

Licencia

Esta obra está bajo una
Creative Commons License
licencia de Creative Commons
.
No me hago responsable de las opiniones de los lectores vertidas en sus comentarios pero eliminaré cualquiera que contenga insultos o considere spam. Gracias por tu visita y perdona si ha tardado en cargarse.